O mes de San Xoán

por

Ten notables particularidades. Vexamos :

Luz.- Bergantiños aparece iluminado por unha luz vertical, diáfana, agarimo do Sol, poucas sombras nas paredes das casas e das persoas que andan pola rúa. En xullo, a luz do Sol é amarela, e quenta ben. Minguan xa os días nese mes.

Color.- A humidade da invernía deixa paso a un verdegar nos campos, trigais e centeais, nas carballeiras. Este verde tenro irá demudando, e aparecerán novas cores. Azul celeste no ceo e no mar.

Ambiente.- Temperaturas temperadas, non atafegantes. Recendo de flores que xurden en cada recuncho. Paxariños ledos, a xente con roupas floreadas, sobre todo a mocidade.

Estudantes.- Premio ós estudosos no mes de S. Xoán. Septembro será a proba de recuperación para os que tiveron menos dedicación ou menos sorte.

Sentimos debilidade polo mes de S. Xoán. É o cumio do sol sobre a nosa terra, o mes dos días longos con máis de quince horas de Sol.

O mundo prehistórico e mítico segue presente no S. Xoán. As fontes, pedregais, lagoas, cacharelas, sardiñadas…teñen a súa lenda, o seu engado. Todo propio do solsticio de verán. Casas e pallotes volverán a estar enramados con tanto vexetal que a terra ofrece, o Sol bailará para os máis madrugadores, e a auga con herbas posta ao rocío da noite curará os nosos males.

Todo é metamorfose por S. Xoán

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?