Ministerios laicais: catequista

por parroquiacarballo

Desde a reforma que fixo Paulo VI teñamos na Igrexa dous ministerios laicais: lectorado e acolitado. Estes ministerios confírense polo bispo a seminaristas que aspiran a seren ordenados, no seu día, diáconos ou presbíteros, que xa son ministerios  sacramentais para clérigos.

Agora, o papa Francisco institúe o ministerio do catequista. Longa e profunda xustificación aporta o pontífice e paréceme que todos entendemos que foi un acerto.

Os nosos fieis, homes e mulleres, que con tanto celo, fatiga e amor exercen de catequistas, coa palabra e co exemplo, ben merecen seren  distinguidos pola Igrexa ratificando así a confianza posta neles e aportando un estímulo máis con este recoñecemento.

O particular é que, neste ministerio laical, son admitidos homes e mulleres. Pero, ata agora, os outros dous ministerios laicais (lectorado e acolitado) tan só se conceden a homes. Coido que haberá que ir pensando na aceptación da muller para estes dous ministerios na Igrexa. En efecto, o mesmo papa Francisco vén de disponer que a muller poida ler tamén o Evanxeo na Misa. Item, tamén, se é preciso, distribuir a Sagrada Comunión. Polo tanto, de feito, a muller exerce o lectorado e o acolitado.

Longa vén sendo xa a polémica sobre o diaconado da muller. Hai teólogos que repasando a historia, encontran diaconisas que recibían o sacramento correspondente. Outros entenden que, sendo o diaconado sacramento do Orden Sacerdotal non pode darse a mulleres en virtud dunha declaración do papa Xoán Pablo II, referíndose ó presbiterado. Hai máis opinións, pero basten estas dúas.

Deixando esta polémica e cinguíndonos á realidade actual contida no Código de Dereito Canónico, a muller (coas debidas autorizacións) pode bautizar e tamén bendecir o matrimonio. Véxase o canon 1112. En consecuencia, a muller pode ser virtualmente unha diaconisa, non por vía sacramental (que imprime carácter) pero si por vía da potestade lexislativa que na Igrexa tamén é unha facultade teolóxica como a de santificar e gobernar.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?