Misal Romano. Terceira Edición

por

O concilio de Trento (século XVII) suprimeu os misales que había nas dioceses. Así, en Galicia, o Misal Compostelano, Misal Auriense…

O investigador Antonio Odriozola, vasco de nacimento pero empadroado en Galicia, pescudador e publicista do noso pasado, percorría arquivos e sancristias por ver de atopar algún folio pertencente a aqueles misales pretidentrinos, destruidos ao imponerse o Misal Romano para toda a catolicidade.

Antonio Odriozola era afable, levaba na solapa da chaqueta unha camelia branca, sempre. Xa finou. D.E.P.

Trento publicou o chamado Misal de Pío V, que, con algunhas modificacións por León XIII e Pío XII chegou ata o Vaticano II. Este concilio publicou o Misal de Paulo VI. A súa primeira edición, xa en linguas vernáculas (castelán ou galego) tiña catro anáforas para a Misa en vez do único canon romano de Trento. E outras novidades. A segunda edición, en tempos de Xan Paulo II aumentou o número de anáforas, sendo agora, en total, 13, ademáis de outras edicións e melloras.

Esperamos que no advento próximo poidamos ter esta III edición, esperada desde haberá dez anos. A razón desta tardanza está en que, en España, quixo a Conferencia Episcopal  Española esperar aque os biblistas rematasen unha nova e mellor traducción de toda a Biblia para integrala en todos os libros litúrxicos.

Xa están en uso os novos leccionarios. Neles volvemos a ler frases que xa poida que teñamos esquecidas, como por exemplo, hombres de buena voluntad, el verbo se hizo carne, Bienaventurados los pobres…

Traducir é moi difícil porque as linguas van demudando nas súas acepcións, nin son simétricas. Non é o mesmo unha traducción escolar que unha para ser proclamada.

Permítanme unha opinión. Non me gusta oir el verbo se hizo carne, non parece respectuosa esa frase, anque literalmente está no texto orixinal, temos aí unha metonimia que deberíamos verter por el verbo se hizo hombre, irmán, pois, e redentor de toda a humanidade

 

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?