Nenos nas igrexas

por

Galicia perde cada día 40 habitantes. Nas aldeas do rural hai o doble de defuncións ca de nacimentos. O mundo rural vaise despoboando. Hai aldeas abandoadas, que están en venta. O nacimento dun neno é noticia nalgúns lugares. Escolas pechadas. A pirámide de poboación en Galicia está invertida. Os que teñen traballo non son abondo para contribuír ó que custa pagar as pensións en Galicia.

A baixada de habitantes xa preocupa ás autoridades civís. Galicia extínguese, din algúns. Se veñen de fóra, acabará a nosa fala, a nosa cultura…

Noticias coma estas lémolas, oímolas, de vez en cando nos medios de comunicación.

Pero Carballo aparece coma un oasis, un paraíso no medio de todo. Aquí hai case o doble de bautizos ca de defuncións. As escolas están cheas de nenos, os xardíns quedan pequenos, para que poidan xogar. Se imos un día ós Catecismos veremos nenos e nenas que alborotan, poñen alegría no medio dun mundo de maiores, de xente avellentada, que vai sendo Galicia.

Presentar nenos e nenas no Templo, como María fixo co Neno Xesús, é unha aposta pola continuidade da Fe entre nós, por seguir sendo Nós, a Galicia cristiá na que nacimos e queremos perpetuar nas novas xeracións.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?