Nosa Señora das Dores

por

O seu septenario é o mellor ambiente para a Semana Santa. En Carballo, ten confraría numerosa, que desde hai moitos anos convoca aos seus confrades para que honren á súa patroa.

A imaxe de vestir, ten os mellores ornamentos que a confraría procurou. Son moi xenerosos os confrades, hai unha directiva que se desvive, tanto agora como polo mes de septembro, para que sexa solemne e devota a celebración.

Outra imaxe hai na parroquia de Carballo. É unha talla da V. Dorosa que este ano, unha vez máis, podemos contemplar de preto e admirar. Posta á beira da Cruz, fainos revivir o patetismo do Calvario. No programa da Semana Santa de hai dous anos , aparecía esa belísima conxunción da Nai ao pé da Cruz. Sobriedade, dozura, dor, na escea, tamén San Xoán Evanxelista amosa solemnes e breves palabras para decirnos que Xesús, na Cruz, proclamou a María Nai de todos os redimidos, é dicir, a humanidade enteira (S. Xoán XIX, 25-27).

Tomou nota o discípulo. Por iso cadra tan ben esa imaxe do Evanxelista Xoán preto da talla da Dorosa, naquel fondo da Igrexa Parroquial. Xoán ten cabo de sí o símbolo do seu evanxeo: un águia que leva no bico un tinteiro onde mollaba a súa pluma para escribir tan recurrente texto como é o do Cristo dirixíndose a María, pendente El na Cruz do Calvario.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?