8.- Nos séculos XVIII e XIX por decisión do arcebispo Sanclemente estiveron ocultos os Restos na Catedral. Temía el que Drake, que desembarcara na Coruña con 14.000 soldados, viñera profanar o Sepulcro. Tamén hai quen di que Felipe II quería levar o Corpo para custodialo no Escorial.
9.- Pescudas no interior da Catedral, no tempo do cardeal Payá e guiadas polo insigne López Ferreiro, descubriron o Corpo do Apóstolo e o dos seus discípulos Teodoro e Atanasio. Houbo un proceso de identificación que foi dirixido por especialistas do Vaticano.
Isto foi a finais do século XIX. Daquela os restos puxéronse nunha urna de prata que está na cripta da Catedral, e que se poden visitar.
10.- Os documentos dos séculos XII-XIII recollen a persuasión que había naquel tempo, como unha vella tradición compostelá. Estes relatos queren “historiar” cómo sería o traslado dos Restos a Galicia. A ría de Arousa, as vías romanas que pasaban por Iria e Compostela, os monumentos e circunstancias vixentes na nosa terra (Pico Sacro, Castro Lupario, Duio…) todo é introducido no relato.
O mesmo que facemos nós cando queremos representar a chegada de Colón a América. Hai cadros nos que Colón vai co pendón de Castela, rodeado de soldados e misioneiros, que erguen a Cruz, e os indíxenas veneran, sométense ante Colón.
Imaxinación para dar verosimilitude a un feito, que sabemos certo, pero do que non temos a “fotografía” que quixeramos.