Notas para a historia da parroquia de San Xoán de Carballo IV

por

Jerónimo del Hoyo dános información sobre Soandres e Carballo. Estamos polo ano 1.607. En Soandres hai 2/3 monxes leigos e un vicario presbítero. Moito labor para un sacerdote só en tantas parroquias. A de máis lonxe é Carballo. A solución que toma o arcebispado é unir Carballo con Ardaña. Certamente, igrexa e camposanto de Carballo, en Cernide, quedaban preto de Ardaña. Canto duraría esta dependencia de Ardaña? Coidamos que arredor de 10 ou 15 anos. Por un lado, no 1.540, Soandres presenta o primeiro párroco de Carballo, que coñecemos como tal. Por outro, no 1.607 nace o arquivo parroquial de Carballo, como parroquia exenta. Esa é a data do libro máis antigo dos tres chamados sacramentais. Trátase do libro de Defuncións, que é, precisamente, o menos importante dos tres. Os outros dous, Bautismos e Matrimonios, tiveron que comezar tamén no 1.607. Agora ben, os que hai no arquivo como primeiros destes outros, levan data de 1.643. Con razón, pensamos, habería perda dos primeiros, que tamén serían parellos en idade co de 1.607.

En consecuencia, cando Del Hoyo visita Bergantiños, por aqueles anos empeza a autonomía de Carballo. No arquivo parroquial de Ardaña hai referencias moi breves a Carballo (vide sobre unión Ardaña Carballo, Xanela 27-02-2018, 1-003-2018).

Vista a referencia da relación Ardaña Carballo, temos que dicir, en suma, que máis ca unha unión canónica, foi un encargo temporal que os párracos de Ardaña serviron moi ben, pensando no futuro dinamismo da parroquia de Carballo.
No século XVIII subsiste Soandres como priorado. Alí acougou o padre Sarmiento na súa viaxe por Bergantiños..
No ano 1.843 execútase a desamortización en Carballo. Son vendidos catro propiedades que rendían 28 ferrados de trigo a San Martiño. Eran Bixou e Figueiras, leiras da Cancela. Mercaron D. Andrés Garrido e D. Antonio Ozores, nomes moi coñecidos nas compras da desamortización (Qintáns Vázquez, p. 116-117).

Fíxose nova igrexa en Agro dos Campos, deixando Cernide porque a poboación viña para a dereita do Anllóns. Augas termais, encrucillada de estradas, concello desde 1.836, feiras…, todo facía que a vila comezase a medrar.
Aquela igrexa durou ata 1.894. Desde este ano ata 1.924, fíxose nova igrexa, promovida polo párroco D. Xosé Carballeira Pérez. Foi unha obra que daba lustre a Carballo. Pero a incuria maltrato lle deu. No 1.972, houbo que acometer outra igrexa, a actual, que foi inaugurada polo San Xoán de 1.975. É un edificio funcional, de liñas asimétricas. Celébranse agora 40 anos da súa construcción. Houbo melloras importantes para un labor pastoral eficiente, ben recoñecido, que dirixe o párroco actual D: Xosé García Gondar, quen así mesmo celebrou as Vodas de Ouro Sacerdotais no 2.015.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?