O Arciprestado de Bergantiños (II parte)

por

En Carballo empezou a escola de Axentes de Pastoral hai xa 16 anos. Os seus alumnos/as alí formados supliron (e estano facendo) a ausencia de sacerdotes en domingos, que resultou ser unha novidade moi chamativa.

Carballo ten unha folla semanal (A Xanela), presencia contante e renovada na páxina web do arcebispado.

Como exemplo da amplitude da actividade pastoral, poñeremos os servizos que presta Cáritas Interparroquial de Bergantiños, que vai liderada pola de Carballo´.“.

Hai unha comunidade de Fillas da Caridade, con atención a menores.

Na liturxia, coido que é unha bisbarra onde máis introducida está a lingua galega. A participación do pobo é constantemente requerida. Posiblemente habería que estimular máis a participación da mocidade. E a todos, no canto.

Cada xoves hai exposición do Santísimo na cripta da parroquia, e cada martes, no santuario de V. Milagrosa.

Tandas de cursillos prematrimoniais, preparación para país e padriños de bautismo e confirmación.

Conta o arciprestado con grandes santuarios: V. Milagrosa en Carballo, V. dos Milagros en Caión , S. Adrián en Sofán, S. Adrián en Malpica, Santa Margarita en Montemaior, S. Antonio na Agolada.

O verán bergantiñán está marcado polo labor evanxelizador destes centros de culto. Coincide cun tempo de vacacións na vida escolar e pastoral. A relevancia da relixiosidade popular está hoxe moi valorada polos expertos. Bergantiños é moi dado a visitar santuarios, a súa presencia é moi acollida aló onde aparece a piedade dos  fregueses de  Bergantiños.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?