O Arciprestado de Bergantiños

por

Económicamente vencellado á cidade da Coruña, á que se vai con boas comunicacións. Mentres que para ir a Santiago conta cunha estrada dependente da Deputación Provincial.

O arciprestado, recentemente ampliado, acolleu o antigo arciprestado de Seaia e parte do  de Laracha. Está  conformado coma unha pequena Galicia. Mar, en Malpica e Corme. Vilas: Carballo e Coristanco, con Ponte Ceso e Laracha e os devanditos portos. A vida social e política está dominada por Carballo, xa unha cidade  de 20.000 habitantes, cabeza de seis concellos. A parte de montaña está representada por parroquias que rodean o monte Castelo, nos seus derrames cara ó norte.

Hoxe Bergantiños non é a terra do trigo como antaño, senón que ten pesca,construcción, conservas, madeiras, cerámicas… como industrias salientables. Van reducíndose as clásicas explotacións agrícolas. Hai unha caída da poboación como en toda Galicia. Temos unha EFA, florecente, á que acude mocidade de Bergantiños, Santa Comba e outras terras.

Vida Pastoral.

Hai 18 sacerdotes con una idade media de 72 anos para atender 62.000 habitantes nunha extensión de 600 Kms cuadrados. O retiro mensual é en Carballo.

Esta parroquia con cinco centros de culto, e cabeza da UPA marca o dinamismo pastoral da bisbarra. Débese, en boa parte, á capacidade de traballo e creatividade do seu párroco D. José García Gondar, quen coñece perfectamente o escenario pastoral polos 45 anos de servizo en Carballo, ademais de ter sido Vicario Episcopal da Coruña.

(Parte 1/2)

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?