O Cambio Climático

por parroquiacarballo

Non é unha fixación mental dos ecoloxistas. Non. É unha realidade recoñecida científicamente polos expertos e polos políticos.

Os que temos moitos anos somos testemuñas do cambio. Na nosa mocidade todo estaba máis atemperado; a calor, o frío, a xiada, as enchentes, a chuvia. Cada estación tiña as súas peculiaridades e duración. Os refráns preconizaban o que ía acontecer: cando tiraba o vendaval, ou vento do nordés; cando viña o cuco ou se axuntaban os paxaros; o tempo da vendima e o de abillar o viño novo; o tempo da matanza, o das castañas e o magosto. Tiñamos os veranciños de S. Miguel e de S. Martiño. Polas témporas, había quen adivinaba o tempo que ía vir.

Hoxe, a contaminación por combustibles fósiles non só ó aire, senón que afecta ás mesmas pedras dos monumentos. Os ruídos espantan ós paxaros, perdemos especies de aves e plantas de forma acelerada.

No Libro do Xénesis temos a narración da creación e do ornato do mundo creado (cap. I, 1-31) “E veu Deus que todo era moi bo “.

Xesús, no Evanxelio, sírvese da agricultura, do campo, para a súa ensinanza. Pero en Mat. VI, 26 ss., fálanos da fermosura da creación para que confiemos en Dios: os lirios silvestres, as herbas do campo… máis excelentes ca vestidura de Salomón.

Conservar o planeta é obriga de xusticia e caridade para os moradores de hoxe. Pero tamén para os vindeiros que teñen dereito a recibiren un planeta san, habitable.

Todos colaboramos na obra contaminadora. Gases consecuencia de combustibles fósiles, ruídos que danan a audición nosa …, deforestación, mares e ríos fan de recolledores de lixo …, plásticos polas rúas e campos … Isto é consecuencia da nosa forma de vivir. Se non nos correximos irá morrendo a vida no planeta. Din os sabios.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?