O camiño a Caión

por

Falamos do que vai desde Carballo, pois aquel santuario ten camiños diversos que conflúen ao pé da Virxe Santa María.

Algo semellante, anque con diferencia na longura dos traxectos, pasa cos Camiños a Santiago.

Saíndo da capital de Bergantiños, recibimos a bendición de Nosa Señora en Bértoa, que nos contempla pola banda dereita. Seguimos por aldeas desta parroquia, con evocadores topónimos do noso pasado rural. Hai un anaquiño de monte que pode desanimarnos, pero en canto divisamos Vilela, ensánchase o corazón, temos un mirador para descansar gozando de espectáculo natural que contemplamos.

Ao lonxe as Illas Sisargas parecen flotar no mar da Costa da Morte. Máis acó, a vila de Malpica, patria de pescadores, que con Corme, Laxe e Caión forman un cuadrilátero clásico con xente do mar.

A Igrexiña de Vilela parece pasmar mirando ao mar. Quizais estea contando as veces que o mar entra e sae da ría de Lema ou Baldaio.

Aquelas augas, de pouca fondura, son coma un espello no que se mira o Sol. Alargando a mirada, hai un azul intenso, mariño, que reflexa o azul do firmamento.

Espéranos unha costiña que nos permitirá ver castros e aldeas; no medio dun verde val.

Queda outra panorámica: a aldea de Leira, carballesa ela, rodeada de areais virxinais, que goza, e non cambiaría por nada, a súa proximidade ao mar.

Traspasado o linde territorial, todo é atraído polo santuario. Está no alto dun castro, porque María quere elevarnos, acobellarnos onda ela.

Un ventiño mareiro alivia o noso cansazo.

Desde o alto, vemos a gran igrexa parroquial, morada habitual da imaxe tan venerada da Virxe dos Milagros.

Disfrutemos, agora, da nosa chegada ao encontro suspirado con Santa María. Oración, reflexión e celebración festiva. Volveremos confortados.

Disfrutemos, agora, da nosa chegada ao encontro suspirado con Santa María. Oración, reflexión e celebración festiva. Volveremos confortados.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?