O ecumenismo do Papa Francisco

por

Buscar a unión dos cristiáns é deber de todos e cada un dos crentes en Cristo. Se falamos da promoción ecuménica do papa Francisco é porque vemos nel unha actualización e nova fronteira para o adianto e achegamento, e ogallá, tamén unión dos cristiáns.

Francisco ofrece unha proximidade as tendencias cristiáns non católicas que ata agora non se vía. Mesmo aparecen estudos sobre os persoeiros que protagonizaron rachaduras na Igrexa cunha visión máis amplia e completa das súas persoas, mentalidade, doutrina. Polo tanto poñen de manifesto as boas intencións deses teólogos que se separaron, anque fosen excesivas, pero que hoxe temos que comprender todos.

Lembremos aquela sabia frase do papa Francisco: La historia nos ha dividido. Efectivamente, así foi. Ninguén se ten que dar por ofendido, pero si, todos obrigados a superar a ruptura producida no pasado polos nosos pecados.

Trátase de converxer todos en Cristo, de sentirnos obrigados a buscar a unidade (non direi uniformidade) temos que propiciar un clima que favoreza o diálogo, o respecto mutuo, a comprensión, o perdón. As diversas igrexas poden conservar, manter, defender as súas peculiaridades, pero todos temos a obriga de acollernos nese gran crisol que é caridade e mensaxe do Evanxeo de Cristo

 

“Os invito a un cambio de actitud: pasar de la indiferencia y el miedo a una sincera aceptación del otro” Papa Francisco.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?