O entroido (IV e V)

por

IV

Cómpre que digamos algo sobre o antroido no eido literario. Unha bisbarra que tanto cultivou e ten viva a regueifa, os matines, as cántigas populares; que ata ten estampas nos seus santuarios que levan versos de devotos anónimos (así en San Paio de Entrecruces en San Antón de Aldemunde, en Santa María de Laxe), tamén dedica a súa inspiración ó antroido.

Non son  poemas cultos, libres, coma os de Pondal, nin versos populares coma os de Xesús San Luis Romero, nos que o diálogo e a narración non lle permiten ó Zapateiro Poeta aterse as leis clásicas da rima. Non. Son cuartetos octosílabos (con licencias) nas que riman os versos pares. Temos exemplos destas composicións literarias nos versos de Asunción Antelo, unha muller que resume o xenio artístico de Bergantiños.

No martes de antroido, día no que remata a xeira festiva, dáse a coñecer o Testamento do Antroido. Vén sendo a súa derradeira mensaxe. Moi sonada foi esta data na parroquia de Rus. ¡Quen puidera ter unha antoloxía dos Testamentos do Antroido lidos en Bergantiños! Son sabedoría do pobo, sátira, denuncia, pero sobre todo, retranca. Dicir con arrodeos, a medias, falar con evasivas, sen ferir, con sentido paralelo, á defensiva.

Adiós martes de antroido               Vaite de aí martes de antroido

         adiós meu antroidiño                       que es un valente gandulo

         ata domingo de pascua                    por tres días de larpada

         non probarei o touciño                    sete semanas de auno

 

As corridas do galo poden darse por desaparecidas. Penduraban un galo polas patas e os participantes na corrida, previamente  vendados os ollos, eran logo atordados con voltas sobre si mesmos. Así é como tiñan que dar co galo, que acababa morrendo coas vareadas do corredor. As situacións ridículas que se producían na actuación dos concursantes eran o riso e argalladas dos asistentes. A sensibilidade actual respecta aos animais e non gusta desta forma de tratalos (Vid Fraguas Fraguas, A (1974) “Corrida do galo”).

V

Os cristiáns teñen no entroido un tempo de lecer e folgar, ás portas dun tempo de severidade que é a Coresma, que nos leva á festa cumio: á pascua de Resurrección.

= Outras celebracións menores =

Eran as “dos rixóns” e a “das filloas”. Tras a mata dos cochos, facíanse en cada casa os rixóns, que son un aproveitamento da febra que vai no touciño. Pola fervedura deste, sepáranse graxa e rixóns. A  convocatoria de familiares e veciños para probar os rixóns era xeralizada.

Igualmente cando se facían as filloas polo Entroido.

En ámbolos casos, a comparanza do ofrecido nunha casa e outra era andacio.

Algo semellante pasaba nas terras onde se colleitaba viño

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?