O Instituto de Estudos Bergantiñáns

por

Entre varias asociacións culturais que estudan, publican e mobilizan ós bergantiñáns para coñecer a súa terra, paréceme que é sobranceiro o Instituto de Estudos Bergantiñáns.

Planifican, debaten, e deciden o proxecto que van levar adiante. Sexa percorrendo Bergantiños ou mesmo por Galicia.

En cada caso visitan previamente a parroquia ou bisbarra. Dialogan cos moradores, fotografían, e así publican unha guía que informa ós que han de inscribirse na excursión. Mapas de 1: 25.000 apoian a descripción polo miúdo, da camiñata ou roteiro.

O Instituto ten membros moi acreditados nos saberes precisos. Con gusto literario ábrese a narración sobre o obxectivo da  visita. Pero a Historia, Xeoloxía, Onomástica, Estatutos, Etnografía, Tradicións populares… todo vai referido con prestancia e autoridade, por autores ben coñecidos en Bergantiños, onde foron ou son docentes en centros públicos.

Unha amplia bibliografía permite ó lector profundizar en cada apartado.

Tivemos a honra de ser membro do Instituto. Agora sementes, socio e admirador. Que é o que nos permite a vellez e  decadencia. Gozamos cos traballos que fai e edita o Instituto, que nos agasalla coas súas publicacións. Hoxe moi apreciadas e máis no futuro.

Que non canse este animoso grupo de sabios amigos. Ten moito labor por diante. Auguramos que axiña vai ser nomeado Bergantiñán do Ano.

Queda agradecer ós Concellos e Autoridades que axudan ó Instituto coa súa colaboración. Entidades todas que se ven beneficiadas polo labor científico do Instituto de Estudos Bergantiñáns.

Parabéns a todos.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?