O Obradoiro

por parroquiacarballo

ANTE O ANO SANTO COMPOSTELANO

Neste ano santo e ante a proximidade da festa do Apóstolo publicaremos unha serie de artigos sobre a Catedral

= O Obradoiro =

Así se chama a fachada principal da Catedral e tamén a praza que ten diante. O pobo compostelán vía que alí sempre había obras, pois catro grandes edificios, de diversos séculos e estilos, obrigaban a ter alí pedras e canteiros traballando: un obradoiro.

A torre das campás está asentada nun lateral do castro, que é Compostela. Sempre foi un pouco máis delicada, tivo que ser axudada, pero aínda así hai un desvío duns 60 ctms. Da vertical, mirando no cumio.

Desde hai uns 170 anos emprazaron mesmo diante das torres a chamada fachada dos Fogos do Apóstolo (24- VII). Fixo moito dano esta celebración. Moi popular, si, pero danosa para unha obra de arte tan senlleira como é o Obradoiro.

Agora búscanse formas de celebrar o 24-VII sen ter que danar a Catedral.

Na restauración do Obradoiro rematada hai poucos anos fixéronse moitas melloras. Limparon a fachada que así perdeu aquela color rubia que lle daban os liques e fungos de tantos anos. Isto non foi aprobado por todos. Perdeu carácter, din, a fachada, como ben antiguo.

Suprimiron a vivenda do campaneiro, que estaba detrás da peineta   (a torre intermedia). Un solo home, valéndose de brazos e pés, con cordas ós badais, arranxábase   para tanxer as campás. Agora están mecanizadas.

Recordo a aquel campaneiro. Tamén era xastre e entendía de reloxos-camándulas. Deixaba subir á torre se eras amigo.

Mirando as fotos que teñamos do Obradoiro e a realidade actual tras a restauración, notaremos unha diferencia. Na torre das campanas abriron unha fiestra, que antes non estaba. Nin está na torre xemelga, que chamou “da carraca”. Paréceme que esa fiestra abriuse para dar ventilación ó interior da torre, onde se xeraba unha humidade que acababa perxudicando ó Pórtico da Gloria.

Penso que, co tempo, o Obradoiro recuperará a cor rubia que tiña antaño. A pedra disque foi levada do Roxido (Ames) onde as canterías ofrecen esa cor. Como, por exemplo, en Caldas, tiñan a cor gris, maciza que parece mármore.

Remato  con unas palabras de Antonio Machado que define a Compostela como:

“Gigante centinela de piedra y luz, prodigio torreado”.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?