O Románico en Bergantiños (II)

por

Seguimos catalogando aquelas igrexas que, en todo ou parte, son testemuñas do tempo medieval na arquitectura compostelá-xacobea.

Santa María de Leiloio.- O edificio actual é de comenzos  do século XIX, pero conserva as columnas que no seu tempo sostiveron o arco triunfal. O arco actúal xa non descansa sobre aqueles capiteis. É obra moderna, de medio punto, pero os capiteis son propios do século XII.

San Cristovo de Lema.-Templo románico pero remozado en tempos modernos. Conserva parte dos muros medievais na nave e no ábside. Arco triunfal con arco de medio punto sobre columnas adosadas cos capiteis semellantes ós que hai no transepto da Catedral de Santiago.

Canzorros no muro sur e na parede que oculta a sacristía engadida.

No adro unha pía bautismal, en cantería.

San Xián de Lendo.- Templo moi renovado no século XIX. No exterior vense sillares románicos, tamén canzorros.. No interior, dúas pías de cantería, románicas. Unha delas bastante desgastada.

Santiago de Mens.-Igrexa declarada Monumento Histórico-Artístico en 1.979.

As dependencias do mosteiro desapareceron. Igrexa favorecida polos Condes de Traba. Edificio prerrománico, planta basilical,  modificada cando no século XII engadiron unha cabeceira románica con tres ábsides, sendo o central de maiores dimensións. A altura da cabeceira románica obrigou a adaptar o corpo da igrexa. Cuberta de madeira a dúas augas, con soportes de artesanado excepcional. Arco triunfal de medio punto. Os capiteis con grandes follas que son unha “vexetación” que domina na Catedral.

No exterior, a fachada norte procede gran parte da sillería románica. Na fachada sur consérvase a porta románica. A fachada principal románica desapareceu a finais do século XIX.

Moi estudada esta igrexa por Barral Iglesias que  fixa a súa construcción na data de 1.134, que aparece no lenzo norte.

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?