O Santo dos Croques (unha cuestión lingüística)

por parroquiacarballo

A figura máis asequible e popular de cantas compoñen o Pórtico da Gloria é, sen duda, a imaxe pétrea que, de xeonllos, e mirando cara o altar maior, representa ó Mestre Mateo, autor da marabilla do Pórtico.

Os nenos de Compostela, e tamén os peregrinos xa maiores non pasan sen facer a súa visita ó Santo dos Croques e pedir a intelixencia que o Mestre Mateo tivo para crear algo que é a admiración do mundo.

Esta visita consiste en dar unha cabezada, un golpe, un croque sobre a cabeza do sabio arquitecto.

Aquela cabeza ten uns rulos, bucles, xa algo desgastados por tantas cabezadas de devotos con ansias de seren tan intelixentes, ou case, coma o Mestre Mateo.

Os sabios lingüistas pensan, discuten, sobre a orixe, neste caso, dos chamados “croques”. E algúns din: os croques son bucles que ten a cabeza de Mateo. E de aí reciben o seu nome as cabezadas que dan sobre aqueles, os nenos e demais devotos, que, á súa vez, levan na testa a marca do golpe que deron sobre a fría pedra da imaxe mateana.

Finalmente, con certa retranca galega diríase que os bucles que leva a cabeza do insigne arquitecto son consecuencia de tanto bater amorosamente sobre o rizado pétreo da celebérrima escultura.

Como din os italianos: “Se non é vero, é ben trovato”.

Pasa así nas imaxes célebres que hai espalladas por todo o mundo da cultura. Pénsese nas fontes, palacios, rúas…todas teñen un enigma, unha lenda que levan os turistas e visitantes como testimonio de estaren alí.

Un poeta anónimo dedicou estes versos ó Santo dos Croques:

“Piedra de toque exclusiva

de las fuentes de la tierra.

Archivo duro que encierra

un poco de ciencia viva.

Dómine rompecabezas,

profesor de ciencia infusa;

estío, soplo, luz y musa

de cuanta testa tropiezas”.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?