Os nosos cruceiros I

por

Son testemuñas da Fe dos nosos devanceiros. Cómpre coidalos, e ao velos, rezar unha xaculatoria, anque non sexa máis ca co pensamento e o corazón.

A Deputación Provincial tivo unha boa iniciativa. Haberá case 15 anos fixo un catálogo de todos os cruceiros da provincia da Coruña. Son varios tomos, van ordenados por orden alfabético dos concellos.

Para algúns historiadores, os cruceiros son os prehistóricos menhires cristianizados. Outros entenden que son o traslado ao noso campo das cruces que se alzan nas solemnes ceremonias litúrxicas.

O cruceiro máis fermoso de Galicia é o de Hío, onde se representa o Descendemento.

En Melide e en Santiago están os cruceiros que din son dos máis antigos de Galicia.

O cruceiro máis antigo do concello de Carballo é o de Sofán. Leva data de 1.660. Cando houbo necesidade de anchear a estrada que pasa á rentes mesmo do adro de Sofán. Daquela, en tempos do párroco Reimúndez Tasende, o cruceiro foi cambiado un pouco para dentro do adro, que tamén facía de campo das festas. Así nolo refire D. Xesús García Carracedo, fegrés de Sofán, amante da súa parroquia, que deixou unha monografía manuscrita recollendo as súas memorias sobre acontecementos e cultura de Sofán. Os seus fillos gardan, como ouro en pano, a obra de seu pai. Tamén D. Diego Noya, párroco emérito de Sofán, foi agasallado cun exemplar polo propio autor.

No cruceiro de Sofán observamos que a imaxe de María é meirande ca de Cristo Xesús. Quizais quixeron así expresar que María, como humana, é Nai que nos mira de moi preto, que a vemos moi achegada a nós, para levarnos a Deus, Xesuscristo, Noso Señor.

Así pois de María, esta lenda: “Mater Dolorosa”. Unha referencia ao intre solemne de María estando no Calvario.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?