Días Santos nos Almanaques e Calendarios

por

Os nosos antepasados chamábanlle días santos a aqueles nos que había que ir a Misa e descansar de traballos duros. Eses días viñan en color  vermella no almanaque. Eran os domingos e outras festas de gardar. Había unha total sintonía entre os días santos da Igrexa e os festivos do estado. Pero os tempos demudaron. Hoxe, todos os días santos veñen en vermella. Agás, excepto dous : o 19 de marzo, día de San José, que o estado non recoñece como festivo e o 25 de xullo, día do Apóstolo, se o almanaque está editado por unha institución eclesiástica ponos en color  roxa, e se é editado por unha institución civil (deputación, concello…) non en tal color. Sempre temos conflicto. Pero este ano 2017 non o vai haber porque o 19 de marzo cae en domingo.

Nos nosos tempos as autoridades decretan días festivos que a Igrexa respecta pero non son días santos, por exemplo: 1º de maio, 12 de outubro,  6 de decembro. Son o Día do Traballo, Día Nacional de España e Día da Constitución.

As Autonomías teñen dereito a decretar dous días festivos no ano. A de Galicia decreta sempre o  día do Apóstolo, 25 de xullo (que o estado non recoñece como festivo) e o Día das Letras Galegas, 17 de maio. Cando un destes días cae en domingo, a Xunta pon outro día festivo que adoita ser o 19 de marzo.

Os concellos tamén teñen dereito a poñer dous días festivos. Así o da Coruña, o martes do Entroido e o día de San Xoán. O de Santiago pon o martes do Entroido e o  xoves da Ascensión. Os días festivos dos concellos non teñen tanta trascendencia para nós.

Pola Igrexa, os xoves da Ascensión e o de Corpus xa hai tempo que pasaron ao domingo seguinte. Tamén desapareceu como día santo o 29 de xuño, día de S. Pedro.

A Inmaculada celébrase en España como día santo pola Igrexa como un previlexio especial. Tamén o día do Apóstolo Santiago.

De todo isto resulta que pode haber certas dudas no pobo que desexa celebrar como crente os días santos da Igrexa. Hai que entender os Calendarios. Por iso é tan importante o que se reparte gratuitamente na Unidade Parroquial de Carballo, onde tamén aparecen horarios das Misas e teléfonos de interese

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?