Quiroga Palacios

por

Desde decembro de 1.922, en que finara o cardeal Martín de Herrera, pasaron catro arcebispos pola diocese compostelá, ata que en xuño de 1.949 foi anunciado o nomeamento de Quiroga, de Mondoñedo para Santiago. Un galego ourensán.

No 1.924 veu para Santiago un arcebispo galego, de Tui, que durou un ano. Foi Lago González.

Quiroga debeu ter noticia da súa elección para cardeal na visita ad límina que fixera a finais de 1.952, con audiencia de Pío XII. Daquela, o Seminario de Santiago tiña ao pé de 800 alumnos. Disque o máis numeroso na Igrexa.

Cando veu a Santiago tras esa visita trouxo para cada seminarista un rosario que tiven moito tempo e sentín perdelo.

Cos nomeamentos de Lago González e Quiroga Palacios houbo un rexurdimento do galeguismo no clero diocesán. Lago foi académico da galega e Quiroga publicara co pseudónimo “Pazos”, artigos na revista Logos, moi animosa en favor do galego. Dera o seu título Amor Ruibal, sabio en todas as ciencias eclesiásticas e no mundo da lingüística.

No 25-XII-1.971, Ano Santo, Quiroga pide a Franco, que fora o oferente, “por esta Galicia nuestra que tanto necesita y tanto merece”.

Quiroga promocionou o culto xacobeo, un movimiento que comenzara co cardeal Payá y Rico, a finais do século XIX. O primeiro peregrino do que había noticia era Godescalco, bispo de Le Puy no 950, en Francia. Pois ata alí foi Quiroga, desde Santiago, para agradecer a peregrinaxe daquel bispo galo. Acompañouno Guerra Campos, que revelou a noticia na homilía do funeral que houbo na Catedral. Naquela homilía dixo Guerra que “la espiga, antes de caer, se doblara”. Dando a entender o progresivo decaemento que se producíu na persoa do cardeal Quiroga, do que todos eramos testemuñas.

O agravamento do Sr. Cardeal tivo lugar en Madrid nunha xuntanza dos bispos de España. Nese intre doroso estaban presentes Gil Atrio (familiar), Cerviño (bispo auxiliar que administrou os sacramentos ó enfermo) e Guerra Campos. Na homilía fúnebre que houbo na Catedral. Declarou Guerra que quixera animar ó ilustre enfermo recordándolle o moito que fixera polo culto ao Apóstolo. Quiroga tivo un xesto para amosar o seu desacordo, como que non “fixera moito” polo Apóstolo.

Finou Quiroga co seu corazón cheo dun amor apasionado pola Igrexa de Dios, que tamén o facía sufrir.

Sentimos gran orfandade. Sabiamos que rematara un tempo que xa non volvería. D.E.P.

Xosé Pumar Gándara

 

Cardeal Quiroga Palacios saíndo da igrexa de Carballo
Foto extraída do libro Carballo 1900-1979 Crónica fotográfica de Xan M. Fraga Rodríguez

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?