Neses días celebramos o cume da Sta. Coresma. Notamos que a Semana da Pasión, Morte e Resurrección do Señor está ameazada polas présas do tempo que estamos a vivir.
-Pode ser que algúns opten por unhas vacacións ante o trafego das obrigacións do seu cargo. Pero se hai boa vontade, pode ser tamén unha semana con tempo para a oración, reflexión, serenando os ánimos ante a celeridade da vida.
-Haberá quen dispón a Semana Santa para visitar igrexas, presenciar procesións. Tamén o drama da Pasión do Señor suscita en nós sentimentos, reflexións sobre a vida que levamos.
-Para outros, a Semana supón un esforzo particular preparando imaxes, ceremonias, mobiliario litúrxico. Temos que agradecer esta colaboración. Nalgúns casos, se chove e non desfilan as procesións, haberá frustración, resignación. Todo quedará para o ano próximo.
Temos visto bágoas de desconsolo en cofrades, devotos, que, despois de tanta preparación non puideron ver realizados os seus proxectos.
Un sacrificio que o Señor compensará.
-Unha posición propia do cristián na Semana Santa esixe moito máis ca unha conmiseración pola inxusticia sufrida por Cristo, supón, digo, participar co Señor nos seus sufrimentos, segundo aquilo de S. Paulo: “Amoume a min e entregouse á morte por min” (Gálatas II, 16-20)
Unidos, incorporados a Cristo Paciente, arrepentidos dos nosos propios pecados, tamén experimentaremos a victoria de Cristo Resucitado.
Así o di o mesmo S. Paulo Apóstol: “Si con El morremos, viviremos con El, si con El sufrimos, reinaremos con El” (Tim.II,11).Isto celebramos, principalmente, na Vixilia Pascual.
Consecuencia.- Unha mellora na nosa vida cristiá, persoal e comunitaria.
Seguindo a S. Paulo : “Mortos ó pecado, para vivir en Cristo Xesús”
(Rom VI;11)