S. Paio ermitán e S. Antón abade

por parroquiacarballo

A Tebaida é un territorio no alto Exipto, longo, solitario, naquel tempo. Apropiado para meditar e facer penitencia. Aló polo século IV, S. Paio decidiu retirarse e levar unha vida semellante a de S. Xoán Bautista. Alimentábase, pois, dos froitos que a natureza ofrecía. Se contemplamos as imaxes que hai na capela de San Paio da Devesa, veremos un ancián moi cuberto de roupa polo frío e un corvo á beira que lle ofrece un pan. Esta é a forma recurrente, popular, nos artistas querendo significar a providencia de Deus para con este santo.

S. Antón, abade, tamén se retirou á Tebaida, pero xa con cenobitas, acompañantes para unha vida comunitaria. Este santo distinguiuse polo amor ós animais. Por iso o representan cun cochiño ós seus pés.

Na parroquia de S. Antón de Madrid levan as mascotas a bendecir: cans, gatos, pombas, canarios…

Contan que unha vez S. Antón bateu con S. Paio. Rezaron xuntos e quedaron en volver a verse. Outro día veu por alí S. Antón e atopou a S. Paio morto. Rezou e chorou por el e deulle cristiá sepultura.

Para nós, o exemplo destes santos é: Amor á oración personal, coidado da natureza e dos animais.

A crise do cambio climático que todos experimentamos e sufrimos, dá lugar a moitas xuntanzas de políticos. Fan plans para reducir o mal, pero hai nacións, as máis poderosas, non queren colaborar, e así temos o planeta cargado, cada vez máis, de dióxido de carbono.

Dá pena ver animais maltratados ou abandonados. Agora hai unha severa lei que castiga estes feitos. Dos animais recibimos moitos beneficios. Son admirables os cans pola súa fidelidade e espíritu de sacrificio.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?