Salve, Raíña das Nais

por

As nosas rías galegas van ser recorridas polas procesións marítimas das festas da Nosa Señora do Carme. Hai unha profunda fe nos mariñeiros que ven na Virxe do Carme protección na vida e na norte.

O monte Carmelo, na Palestina, contempla a larganza do mar Mediterráneo e a terra Santa que pisou María Stma. e o Noso Señor Xesuscristo. Por iso a Virxe do Carme é venerada polos que viven na beiramar e polos que están en terra adentro. Aínda temos moitas galegas que levan o nome do Carme; mesmo hai homes que se chaman Carmelo, Felicidades a todos.

Ben saben que o título de Carme é o máis antigo que, entre os devocionais, se lle deu a Nosa Señora. Xudeos que practicaban, desde os tempos do profeta Elías, a lei de Moisés no monte Carmelo, acolleron, cando chegou o Evanxeo, a devoción á Nai de Xesuscristo. Así foi venerada no cumio daquel monte, e chamouse a “Virxe do Monte Carmelo”.

Estamos no ano do quinto centenario de Sta. Tareixa de Xesús, nacida no 1.515. Foi unha insigne monxa carmelita que fundou 21 mosteiros carmelitas, ós que lles chamou “carmelos”. Son lugares de oración, silencio, nos que as monxas carmelitas piden pola Igrexa e as necesidades do mundo.

Na Coruña e en Santiago hai mosteiros carmelitas. Neles, alguna vocación foi de Bergantiños. Que non lle falten vocacións a estes centros de piedade mariana. Son lección para cantos loitamos coas ondas feras deste mar polo que imos bogando paseniñamente cara a Deus.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?