Santiago, Peregrino

por

É como concebimos ao noso Apóstolo. Con presa, túnica, na man dereita o bordón, na isquerda o libro do Evanxeo. Así aparece en imaxes bergantiñáns que temos en Sísamo, Rus, Oza, Mens, Arteixo, Seavia…

Con decisión, sinxeleza, tal como o Señor enviara ós Apóstolos, así chegou a nós Santiago. Ogallá a nosa Igrxa galega, española, teña o mesmo xenio apostólico que tiña o noso Patrón.

Tamén hai o Santiago Cabaleiro. Santos que a iconografía puxo dacabalo hai bastantes. Van así S. Martiño, S. Xurxo, S. Millán e outros. Mais non pensemos que son santos violentos, non, van dacabalo porque así os nosos escultores, o noso pobo, queren expresar a nobreza, a fidelidade, coa que eles querían vivir e pregoar o Evanxeo.

Non podemos asemellar eses santos cabaleiros, coas estatuas ecuestres que hai no medio das nosas prazas, lembrando a grandes héroes militares.

Non. Os santos que cabalgan nos retablos das igrexas teñen máis parecido cos valores de cabaleiro idealista, defensa da verdade que o gran Cervantes puxo en D. Alonso Quijano. Por iso esas imaxes cáenlle simpáticas á xente. Comprenden a un tempo que exaltaba os valores do “cabaleiro” como un ideal para a persona cívica, cristiá!

 

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?