Semana Santa 2.021

por parroquia

     Xa é o segundo ano que nos vemos coas restriccións propias da pandemia. Tanto as autoridades sanitarias como as eclesiásticas pídennos que as respectemos. E témolo que facer por caridade, en ben de todos. A covid-19 é un mal que nos sobrecolle a todos.

    Pero esta realidade que aceptamos non pode ser coartada para que desertemos de celebracións tan importantes como son as da Semana Santa.

    Penso no que ocorreu con Cristo Xesús. Todos os apóstolos estaban na Última Cea. E anque Xesús avisounos de que ían deixalo só (Mat. XXVI, 31) cando chegou a hora do prendemento de Xesús en Getsemaní, todos o fixeron. Agás Pedro, que temerariamente púxose na ocasión e acabou negando que coñecese ao Señor (Xoán, XVIII; 14 n). O evanxelista Xoán foi fiel ata o mesmo Calvario.

    A fuxida dos apóstolos podémola repetir nós deixando a Cristo e María sólos, nas igrexas. A Semana Santa é unha vivencia interior, profunda, dos misterios da Pasión, Morte e Resurrección do Señor. Con El, nós padecemos e resucitamos, agora e no futuro que Dios sabe.

    A Semana Santa non é o retumbar do tambor na rúa, o capirote morado e a mantilla negra, ou a cera goteando, nin o alarido da corneta, nin a marcha fúnebre da banda…Todo isto é externo, complementario, que este ano non poderá ser.

    Volvendo a Xesús. Despois da súa Morte, os apóstolos que fuxiran acobilláronse ante María, a Nai do Señor. E pasaron a ser testigos da Resurrección de Xesucristo, e, finalmente, por El deron a súa vida.

    Coido que este tempo, anos xa, de pandemia pasarán. Volverá a Semana Santa de clamor popular e celebración devota nas rúas. Volverán os Cristos, as imaxes da Virxe das Dolores, as urnas co Xesucristo Xacente… á procesión da Semana Santa. Pero, por este ano 2.021 non sexamos cristiáns vergonzantes, senón crentes que vivimos a Fe nas circunstancias que son a realidade actual.

    Sexamos fieis como Xoán ata o pé da Cruz. Participemos nas celebracións na medida en que sexa posible. E para as nosas casas levaremos o ramo de oliveira do Domingo, a vela do Xoves Santo, a auga bendita da Vixilia Pascual. Son signos da liturxia que imos vivir na Semana Santa.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?