Setenta anos

por parroquiacarballo

É unha data particular referente a quen isto escribe. O interese que ten é o de  loubar ao Noso Señor por tal favor. Veredes:

O día 6-VI-54, o cardeal Quiroga (e. p. d.) ordenaba presbíteros a 30 diáconos, alumnos formados no Seminario de Santiago, centro no que comenzaran os seus estudos en septembro de 1.942. Entre eses 30 estaba un servidor.

Fomos destinados a diversas parroquias e servizos na nosa diocese. Algúns, polo seu mérito e valía, acadaron importantes cargos contando coa confianza dos Prelados.

Celebramos xuntanzas anuais recordando tempos pasados. Tamén tivemos Vodas de Prata, de Ouro e Diamante. Agora, ós 70 anos, hai quen lle chama Vodas de Titanio.

No camiño destes anos foron moitos, a maioría, chamados á Casa do Pai. D. E. P.

Hoxe, cántos quedan daquela promoción? Somentes tres. Velaquí os seus nomes: D. Cesáreo Canabal Castro, natural de Lestedo (27-X-30). Últimamente foi párroco de Sta. Uxía de Ribeira. D. Xesús González Vázquez, natural de Calvos de Socamiño (26-VIII-29). Que se xubilou sendo párroco de S. Adrián de Vilariño, en Cambados. Estes dous viven na Casa Sacerdotal de Santiago. Desde estas liñas, o meu tenro abrazo para os dous.

Finalmente, un servidor, nado en Santiago de Buxán-Dubra (9-X-31). Andiven polo mundo diocesán servindo e tropezando aquí e alí. Agora, ó remate, aquí en Carballo, contando coa amabilidade do párroco, sacerdotes e fregueses da parroquia. Na espera da chamada do Señor, levando a Cruz das miñas lamentacións como penitencia polos meus pecados.

NORABOA D. XOSÉ POR OS 70 ANOS DE CURA

Que o Señor te siga bendicindo e conservando. Grazas por todo

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?