A familia, hoxe

por

O noso papa Francisco e o Sr Arcebispo don Xulián pídennos que reflexionemos sobre a crise que está a vivir a familia e que lles comuniquemos as nosas ideas. Haberá no vindeiro mes de outubro un sínodo en Roma que volverá a estudar este problema de gran trascendencia.

A familia, en efecto, é célula inicial da vida da Igrexa e da sociedade civil. A estabilidade e unión da familia favorecen a todos, como crentes e como cidadáns.

Mantendo, pois, os principios da Fe cristiá dicimos que o matrimonio é dun  home e dunha muller que, unidos polo sacramento consagran as súas vidas para sempre. Así viven moitísimas familias e comparten ledicias e penas.

Pero tamén hai que recoñecer que nos nosos tempos ocorren estes feitos: Matrimonios cristiáns que se separan, cristiáns que conviven sen vencello algún matrimonial.

A Igrexa quere tratar pastoralmente este problema. Estes bautizados seguen sendo fillos da Igrexa. E que pidan o bautizo dos seus fillos e outros sacramentos é sinal de que alenta neles a Fe que recibiron dos seus pais e que alimentaron na mesma Igrexa.

Como facer , pois? A Igrexa, coas súas vicarías xudiciais tería que aplicar unha interpretación máis pastoral das normas do Dereito Canónico? Procesos xudiciais gratuitos? Bastaría unha soa sentencia de nulidades sen ter que recorrer a unha segunda sentencia?

Os casos dun/ha esposo/a abandonado/a; ou os casos nos que sendo nulo o matrimonio non se poida demostrar xudicialmente; qué resposta ofrece a Igrexa a estas situacións?

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?