Santiago Apóstolo

por

“Todos os camiños levan a Roma”. Quizais mellor dito estaría que “todos os camiños levan a Santiago”. Estámolo vendo nos nosos días. Os peregrinos enchen os camiños que levan a Compostela, devotos que veñen de todas as partes de Europa e do mundo.

Dicía Otero Pedrayo que os labregos galegos chegan con gusto a Compostela porque os mesmos camiños que eles teñen nas aldeas veñen a embocar coas rúas desta cidade.

Santiago é capital episcopal, universitaria, eclesial, histórica, de Galicia. Pero as clases populares, son algo emblemático en Compostela. Castroviejo observaba aos nosos labregos falando o galego propio de cada bisbarra (coa súa entoación, vocabulario e tacos cando bebían o ribeiro nas tabernas compostelás) Asorey, para a escultura tan coñecida como é o tesouro, observou unha labrega, que era de Trazo, e baixaba da feira que había en Santa Susana (Alameda en Santiago) traendo nas mans un cuchiño que alí mercara. Era o seu tesouro.

Foron tempos nos que o reloxio da Berenguella rexía a vida da cidade.

Os fogos do Apóstolo, tan concorridos e famosos, congregaron moitedumes na noite do 24 de Xullo. Haberá 170 anos que empezou esta celebración. Recoñezamos que a pólvora e os seus gases fixeron moito daño na famosa fachada do Obradoiro. Por iso tanta restauración hai que acometer.

Santiago sempre. Os israelitas, os místicos, falan da “Celestial Xeruxalem”, prefiro falar da “Celestial Compostela” que nos dará perpetúa e feliz acollida. Confiamos niso.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?