Cristo, o Salvador

por

Nos comezos de agosto hai en Bergantiños tres parroquias que teñen por Patrón ao Divino Salvador ou San Salvador. Que das dúas maneiras aparece a titulación. Referímonos a Sofán, Erbecedo e Pazos.

A imaxinería relixiosa presenta a Xesuscristo coa bola do mundo na man esquerda. A outra é para bendicir ao pobo. Unhas veces Cristo aparece en pé, outras, nun trono maxestático. Nas imaxes antigas sempre vemos un reflexo daquela imaxe do Cristo que preside a iconografía do Pórtico da Gloria na nosa Catedral.

Bastantes parroquias hai adicadas a esta consideración de Cristo Salvador. Pois a súa Redención, a obra evanxelizadora, o seu exemplo de vida, son salvadores para a humanidade. Xa neste mundo noso, provisorio, en canto a liberación do mal que acó poda conseguirse. Que é a semente da salvación eterna e definitiva.

Mentemos a parroquia de San Salvador de Poio. Por estas datas de agosto do 1.492, Cristovo Colón saía do porto de Palos para unha aventura que era descubrir un roteiro mellor para o comercio co oriente. Atopou un novo continente. Desembarcou nunha pequena illa á que puxo o nome de San Salvador. E máis nomes puxo a outros lugares que o descubridor levou de Galicia, como pode verse nos seus escritos. Velaí a mellor razón dos que defenden que Colón era galego, natural de San Salvador de Poio. Alí amosan a súa casa natal, agora moi ben restaurada.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?