Un amistoso xantar

por parroquiacarballo

Cada curso, colaboradoras e catequistas de San Cristovo teñen un fraternal xantar que preside sempre D. Xosé García Gondar, párroco de Carballo, e nos agasalla cun cupón da ONCE. Anque hai un ano que a miña saúde non me permite seguir servindo naquela igrexa, tiveron o gusto de convidarme e viñeron por min. Así o fixo bastantes anos a familia de Manuel García Gerpe (E.P.D.), e, últimamente, María España. A todos debo profundo agradecemento. A miña vontade era ir e vir a pé, pero as forzas foron minguando.

As lembranzas de calquera que asista alí á Misa son exemplarizantes. Participan nenos, mocidade, catequistas, pais e nais lendo textos en galego. O coro Vagalume, dirixido por Xavier, músico dotado de grandes facultades, pon solemnidade e devoción. Os chavales/as da Confirmación van ó Xeriatrico para acompañar ós maiores que veñen á Misa (A pandemia non permitiu esta fermosa estampa)

Aquel templo sempre está relucente polo coidado que poñen as colaboradoras.

Hai alí un clima de simpatía e caridade que atrae a todos. Cada domingo, despois do labor na igrexa, as catequistas e colaboradoras xúntanse nun bar próximo a tomar café e comentar a actualidade. Non faltan aquí confituras que aportan as mesmas reunidas e comparten  todas. Quen teña gustado os amendoados, tartas, doces que aquelas expertas cociñeiras fan, poderá falar de sabores delicados de singular maestría.

Xenerosidade… para non parar de contar. Agasallos que veñen con tarxetas de especialistas informáticos . Así, pode un aparecer mesmo acompañado do papa. Calquera data do calendario é pretexto para amosar gratitude e afectos.

E así segue a comunidade de San Cristovo. Ogallá non cansen, pois, os tempos non son doados.

Vivir así fai levadeiro este Val de Bágoas, e peregrinando por el, sentimos, atisbamos o Val da Verdade, de Ben e Amor para o que Deus nos ten destinados. Que El nos bendiga a todos. Amén

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?