Un testigo da Fe: D. Santiago Abuelo Lado

por

    Naceu en Colúns (Mazaricos) no ano 1.866. Estudou no Seminario de Santiago, ordenado sacerdote no 1.890, licenciado en teoloxía, párroco de Piñeiro e Fecha (Ames-Santiago) , párroco de Seavia desde 1.900 a 1.917. Coengo de Santiago en abril de 1.956. Fina nesta cidade o 23-XI-1.960. Era tío de Don Santiago Abuelo Alvite, que finou no 1.948 de párroco en Malpica.

Son datos esquemáticos, fríos. En Seavia, Don Santiago fixo a actual igrexa, aproveitando a fachada e campanario existentes; fixo a Casa Reitoral, fonte do Carme, Camposanto, capela de Sta. Ana, etc.

Fundou unha mútua entre os labregos para que puideran ter asegurado o gando; trouxo máquinas para mallar o trigo, unha báscula para pesar os cuchos. Promocionou o campo.

En Cuntis hai na fachada da Igrexa parroquial unha gran lápida de bronce lembrando a D. Santiago. Alí fíxose, por iniciativa súa, o monumento ao Sdo. Corazón de Jesús, obra de Asorey.

Despois de tantos traballos, cando tiña 90 anos, o cardeal Quiroga nomeouno coengo de Santiago. Somentes foino por catro anos. Vivía cunha sobriña de moita idade, por iso un día D. Santiago e sobriña solicitaron e obtiveron o ingreso no Asilo de Anciáns do Camiño Novo, en Santiago, onde era superiora unha irmá do benemérito amadísimo cardeal Quiroga.

A de Don Santiago Abuelo Lado é unha vida sacerdotal entregada totalmente a servir á Igrexa. Un testigo da nosa Fe.

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?