Violencia de xénero

por

Violencia machista, violencia doméstica… Chámalle como queiras. Vivimos nun mundo especialmente violento. Parece que xa nos acostumbramos a ese tráxico calendario dunha muller morta cada semana en España. Ás veces, leva consigo un macabro suicidio. Polo menos, intentado.

Asesinato diante dos nenos. Asesinato de fillos para facer sufrir a súa nai. Horrenda é a humanidade cando se deixa levar por un odio sen freo.

A violencia “apréndese” na mocidade. Acoso escolar. Hai peleas, retadas, concertadas, presenciadas por compañeiros. Disfrutamos? coas peleas de cans, de galos; de touros mortos alanceados, de touros con lume nos cornos…

Violencia nas redes sociais. Ninguén pode estar tranquilo. Pode vir por aí unha ameaza. Atentados suicidas. Peleas nos estadios. Vivimos baixo ese temor.

Que diremos? Volvemos  os ollos a un santo pacífico e pacifista como era S. Francisco?

Os máis débiles son os máis propicios para sufrir violencia. Os nenos, a muller, os anciáns…Tantas persoas indefensas, que non “contan” económicamente para este mundo noso, tan egoísta.

Sufrimos todos polas noticias de cada día. Que non perdamos sensibilidade ante tanta dolor. Poñamos paz, amor, perdón, esperanza e oración a ver se, entre todos, e coa axuda de Deus, imos cambiando este mundo noso nun tempo e lugar de fraternal convivencia como nos pide a nosa Fe cristiá.

 

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?