Vodas de Prata episcopais do Sr Arcebispo

por

Data xubilar para toda a arquidiocese e para os seus fregueses. Os 25 anos de episcopado foron exercidos por D. XuliÔn Barrio en Compostela. Coidamos que é, en España, o bispo mÔis veterano servindo na mesma sede. Vaia para a súa Excelencia o noso respectuoso e humilde parabén.

A presencia de D. XuliÔn para animar, alentar en todas e cada unha das parroquias e nos diversos eidos da pastoral diocesÔ, é manifesta, proverbial. A súa palabra elocuente, sabia, alecciona a todos.

ImaxinÔmolo pasando horas, de noite, despois dos trafegos do día, escribindo no ordenador as súas pastorais. Non hai acontecemento na vida da diocese que non conte coa súa exhortación.

Moito é de agradecer a súa asistencia aos funerais de sacerdotes. Costume iniciado por monseñor Suquía. Sempre aproveita don XuliÔn para facer un chamamento polo rexurdir das vocacións. Quizais aquí estea o intre mÔis doroso do seu mester pastoral. Ver que a diocese perde sacerdotes cada mes, que non hai substitucións, que a idade dos que permanecen en activo reduce as posibilidades para unha atención cumprida, como todos quixeramos. OgallÔ que o laicado veña a encher, en canto é posible, este valeiro. Nese labor estamos.

Son moitos e importantes os actos programados para a celebración xubilar. Aportaremos unha modesta idea. Hai anos, o Instituto Teolóxico CompostelÔn editou un tomo con homilías de don XuliÔn, entre elas, bastantes artigos con temas xacobeos. Desde aquela, o Sr. Arcebispo vén pronunciando conferencias sobre o culto a Santiago, a peregrinación. Todas, de gran altura, en foros europeos. Sería ben dispor  de toda esa sabiduría contida en diversas publicacións. Isto honraría a unha revista como Compostellanum.

No pasado Ano Santo, D. XuliƔn impartƭu un maxisterio de excelencia na Catedral. Traballo agotador para calquera, pero que o Sr. Barrio Barrio superou ben, a Deus gracias.

Vén aí outro Ano Santo e, sen duda, contaremos coa súa palabra sabia, culta, políglota.

Lembro as Vodas de Prata episcopais do Sr. cardeal Quiroga. CelebrĆ”molas en marzo de 1.970. Dixo estas profĆ©ticasĀ  verbas falando da sĆŗa presentida morte: ā€œmĆ”s pronto que tardeā€. AsĆ­ foi. No XII mes do 1971, deixounos para descansar en paz. ViƱa o amado cardeal vendo o decaemento do seminario, o abandono dalgĆŗns sacerdotes. Todo isto acabou con aquela figura rexa que nos parecĆ­a invulnerable.

Mais, con don XuliÔn, coa súa plenitude e vitalidade, teremos, D. M., un Ano Xubilar Xacobeo, que serÔ un tempo de bendición para a Igrexa diocesÔ e universal.

Isto pedimos ao Noso Señor por intercesión de Santa María e o Apóstolo Santiago.

XosƩ Pumar GƔndara

TambiƩn te puede Interesar