Xustiza, Caridade, Misericordia

por

1-As Benaventuranzas en S. Mateo como pórtico do Evanxeo. Son criterios, valores, obxetivos para ó Cristián. O seu cumprimento está en Mateo XXVI. Cristo presente no necesitado (Fame, sede, vestido, enfermo…). Daquí toman os Catecismos as Obras de Misericordia corporais. Velaí a súa forza.

2- Obxección que presentan hoxe algúns: a Caridade entorpece o avance da Xustiza. Non: a Caridade vai diante descubrindo novos campos de necesidade. A Xustiza vén detrás aproveitando o que xa atendera ou atende a Caridade.

A Xustiza é lenta, insuficiente. A Caridade ten imaxinación: Carpa, operación kilo/litro, Aspaber, Afaber. A Caridade descobre pobres vergonzantes, que atende con respecto.

3-Esmola para ós pobres, de urxencia, dada na rúa. Quizais fomenta mendicidade, ou é enganosa, sirve para vicios? Polo tanto a Caridade ten que ser planificada, ordenada,  para ser eficaz e creíble. Máis ca falar dos pobres temos que falar da pobreza, das causas da pobreza. A Caridade debe exercer a denuncia profética, ante tantos ricos cada vez máis ricos, e pobres cada vez máis pobres. Polo tanto, a Caridade tira pola Xustiza social, polos dereitos humanos. O ano pasado celebrouse en España os 50 anos de Caritas. O seu slogan (palabra martelo) non  foi estamos axudando ós pobres, senón Cincuenta anos loitando pola xustiza.  En efecto, Caritas fai estudos sobre a pobreza, sobre o paro en España que molestan a moitos gobernantes.

4-Vésperas de Nadal. Haberá moitas bolsas a repartir. Pero hai máis meses no ano. E tamén intres nos que temos que exercer a Caridade: 1º domingo de mes, Campaña contra a Fame, IRPF no mes de maio, Día Nacional da Caridade (Corpus Xto).

Aínda máis. Todos os venres do ano, ademais dos de Coresma, son días penitenciais. Aí podemos poñer a nosa esmola como penitencia e remisión dos nosos excesos. A Caridade é o ADN do verdadeiro Cristián.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?