Fermosa tradición que temos en Carballo. Recordamos os principios da familia segundo aparece no Evanxeo e na doutrina da Igrexa Católica. Porque a palabra familia vén sendo agora aplicada a convivencias humanas que non reflexan o pensamento auténticamente cristiÔn.
RecoƱecemos a fraxilidade que levamos connosco, e as dificultades que xurden na convivencia familiar, como nos ensina o papa Francisco na Amoris Laetitia, pero os principios, os ideais cristiƔns deben ser mantidos e defendidos.
A familia é un ben individual e social. Educa ós fillos para a vida con esa complementariedade que forman o amor do pai e a tenrura da nai. Na familia acóllese a tradición, ós maiores que se senten comprendidos e axudados para viviren con paz os últimos anos da vida. Na familia somos sempre aceptados, animados, ante as eivas da vida. Temos nela un refuxio, un remanso de paz. BÔlsamo nas nosas penas, consolo cando algún familiar foi chamado Ô casa do Pai.
Esta bendita terra de BergantiƱos, foi un paraĆso no que floreceron moitas vocacións sacerdotais e relixiosas. AĆnda hoxe temos testemuƱas disto. AsĆ, fillos/as de BergantiƱos evanxelizan acó e en terras de misión.Ā Pero todos agradecen a Deus teren nacido en familias profundamente cristiĆ”ns, e rogan ao SeƱor que non se malbarate ese tesouro da Fe familiar que habĆa nas sĆŗas casas. Que Deus llo conceda.
Nenos/as, mocidade que non foi criada nun fogar verdadeiramente familiar, viven para sempre marcados polo desamor, sen raiceiras, sen principios polos que ordenar o seu camiƱar pola vida.
E lembrando os males da familia, ou de convivencias frecuentes nos nosos tempos, haberĆa que chorar, unha vez mĆ”is,Ā a morte violenta de nais/esposas; as bĆ”goas de nenos/as orfos de por vida.
Se volvemos ao pensamento da Igrexa, temos a familia como un anticipo do que Ć© a gran familia dos fillos da Igrexa.
O Vaticano II chamoulle igrexa doméstica en frase feliz e teolóxicamente axustada.
Pola decisión e educación dos pais, nacen no bautismo os fillos da Igrexa. Son alimentados na EucaristĆa, animados para abrirseĀ Ā Ā Ā Ā Ć” pubertade, na Confirmación. E, sucesivamente, o Matrimonio abrirĆ” novas igrexas domĆ©sticas que seguirĆ”n asĆ evanxelizando a nosa sociedade.
Cando xa nos encorvamos polo peso dos anos, ou da enfermidade, a Santa Unción alivia males fĆsicos e cansazos morais para dispoƱernos ó que Deus queira.
Todo isto haino na Semana da Familia en Carballo.
Remataremos exaltando Ć” RaĆƱa da Familia, Nosa SeƱora, motivados polas imaxes de Sta. MarĆa que hai no tesouro artĆstico das nosas igrexas.
As parroquias que forman a familia da Unidade Parroquial de Carballo, colaborarĆ”n nesta manifestación de Fe coa que poƱemos cabo Ć” Semana da Familia. Devotamente iremos rezando o Santo Rosario, oración tĆpicamente familiar.
Con ilusión estamos preparando esta nova edición da Semana da Familia. Acollamos esta hora de reflexión e oración pola familia.
Ā
