Temos a nova Carta Pastoral que o Arcebispo de Santiago, Don Julián Barrio, dirixe ás parroquias do Ano Santo 2.021.
Cando remataba o ano 2.019, o Dtr. Barrio escribía a Carta “Sal de tu tierra. El Apóstol Santiago te espera”.
A pandemia cambiou a situación. Vai ben descrita polo Sr. Arcebispo que, no máis riguroso do coronavirus escribíu na prensa, e mesmo a cotío na páx. web do arcebispado, profundas reflexións sobre o misterio da dolor e animando ós diocesáns á caridade e á oración.
Ten, ademais , o Sr. Arcebispo palabras de alento en páxinas dirixidas ós enfermos. Deus non nos libera do mal, acompáñanos na dolor, compadece con nós, por iso se fixo humano, encarnou.
A Carta Pastoral que todos, peregrinos ou non na realidade física, deberiamos ler, aparece con tres capítulos. No 1º, describe a realidade imposta pola pandemia tanto no medicinal, como no económico e social. Pero sobre todo, lamenta o prelado as mortes habidas. Haberá peregrinos que perderon familiares na epidemia. Salienta o arcebispo a entrega dos sanitarios. A obra de Cáritas e sacerdotes.
Nº 2º, retoma a idea da peregrinación, agora que domina a idea de suspender, aprazar proxectos. Ábrese un tempo para a vivencia das virtudes: Fe, Caridade, Esperanza. Remítese a Carta a ideas da “Laudato sí”, é dicir, á cultura do coidado común do planeta.
Nº 3º.-Como Abrahán, chamados a peregrinar. Volverán a encherse de peregrinos os camiños, deixaremos a zona de confort para abrirnos á palabra de Deus sempre nova.
“Deus axude a Santiago!”
Cada apartado vai precedido por un texto bíblico. Por iso a Carta ten moito de homilía, mester no que o arcebispo Barrio é carismático profeta.
Engadimos breves reflexións:
1.- A Carta Pastoral vai en galego. Trátase dun texto dirixido a diversos países. Lerán, interpretarán, ou traducirán a linguas propias. Pero o xesto do arcebispo compostelán será moi agradecido pola Xunta de Galicia, pola Real Academia Galega e por cantos defendemos o noso patrimonio lingüístico.
O Dtr. Barrio Barrio incorpora ó seu acerbo idiomático a lingua galega. Natural da Gallaecia romana, no conventus de Astúrica Augusta (Astorga), amosa a súa raigaña galega, ademais da súa dedicación á arquidiocese compostelá.
2.- O día 15 – VIII – 21, monseñor Barrio cumpriiu felizmente, setenta e cinco anos de idade. Felicitámolo por tal realidade e por nacer no día da Asunción da Nosa Señora. Presentará D. Julián a súa renuncia canónica á sede arcebispal en pleno Ano Santo. Sen duda, seguirá exercendo todo o ano ata pechar a Porta Santa. Peche que, coidamos terá lugar a finais do ano 2.022, pois probable é que este Ano Santo do 2.021 se prorrogue un ano máis por circunstancias coñecidas e padecidas por todos.
3.- O gran traballo pastoral que se presenta para o Sr. Arcebispo, fai urxente que dispoña axiña dun bispo auxiliar. Ogallá haxa quen, tanto na capacidade de traballo, como na entrega pastoral, e asemade coa dotación intelectual que Deus deu a D. Julián, poida axudalo tanto no Ano Santo como nos demais servizos que a arquidiocese precisa.
X.Pumar Gándara
