Arquivos Parroquiais II

por

Ilustres investigadores como Pérez Costanti, que publicou Diccionario de Artistas de Galicia en el siglo XVI y XVII ou Couselo Bouzas que, con un título semellante, publicou os Artistas de Galicia del siglo XVIII y 1º tercio del siglo XIX; ou Rodríguez Fraiz que publicou Diccionario de Canteiros das terras de Monte e Ribeiras do Lérez; e tantos outros traballos, puideron facerse examinando os arquivos parroquiais. Quedan moitas noticias para seren descubertas.

Os nosos Pondal, Rosalía tamén figuran nos arquivos, coidados polos párrocos que, ás veces, tiveron que defendelos fronte a falsos pescudadores. Por iso algún folio falta, arrancado por rapiadores.

Incendios, roubos, guerras civís, humidade, neglixencia…tamén fixeron estragos.

Hoxe, ben conservados no Arquivo Diocesán, están libres de humidade, de insectos devoradores e ben custodiados.

Fagamos unha esculca para ver o ano do comezo do Libro 1º de Bautizados nalgunhas parroquias de Bergantiños.

Así temos: Razo, 1.560. Traba, 1.585. Rus, 1.589 (Muxía, 1.572, Bastavales,1.593) Seavia, 1.670. Sofán, 1.646.Rial,1.648. Sísamo,1.368. Soandres, 1.667. Carballo, 1.643.

No Catálogo publicado hai datos que aparecen en vermello. Iso quere dicir que o estado do libro é moi delicado e non pode ser consultado.

Repasando as datas anteditas descubrimos que hai notables diferencias en anos. Poida que libros antecesores fosen vencidos pola humidade ou pola traza. Non descartamos roubos, pois dalgún, si, sabemos. Un intre difícil para os novos arquivos é cando hai parroquias vacantes.

O arcebispo compostelán que fala explícitamente dos Arquivos Parroquiais é D. Maximiliano de Austria, que, no 1.604, fala do Libro de Fábrica (L. Ferreiro, Tomo IX, p.11). Aínda que hai datos na Historia de López Ferreiro (Tomo VIII, p.261, e Tomo VIII p.332) xa arcebispos anteriores se preocuparon dos Arquivos nos anos 1.575 e 1.594. Antes, pois, do decreto do Concilio de Trento.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?