Arredor de O Fidalgo (II)

por

B

O problema que o drama presenta, con toda crudeza, é o dos foros. Esta institución puido ser na Idade Media unha regulación social favorable ó labrego, dada a gran precariedade na que vivía. “Tres reis, tres voces”, como tempo da vixencia do contrato, garantizaban unha certa estabilidade ó labrego.

Se as pretensións da “Contribución Única”, (c.1.753) que pretendía o Marqués de la Ensenada fosen adiante, tamén melloraría o paisano. Pero aquilo fracasou e quedou coma un documento histórico moi importante do século XVIII.

Foi Carlos III, coa Pragmática de Perpetuación de Foros (1.763), quen deu un paso importente, anque non definitivo.

O movimento agrario nos comezos do século XX, con Basilio Álvarez, crego de Leiro-Ourense, como líder, deu lugar ó Decreto de Redención de Foros e outras cargas semellantes, dado por Primo de Rivera no 1.926. Finalmente, no ano 1.973 prohíbese establecer foros. E a Xunta de Galicia estima como foros rentas de certa antigüidade.

C

O concepto de “fidalgo”. Anque a palabra, etimolóxicamente vén de “feudaticus”, hai que distinguir. Unha cousa son os nosos feudais do merrdievo: os Traba, Bermúdez de Castro, Arias, Conde de Grajal… e outra é aquela nobreza que afincou sobre todo no rural galego desaparecida a época medieval. Os motivos do xurdimento desta nobreza poden verse na voz “hidalgo” do Diccionario da Real Academia Española.

Lembramos tamén que no Pazo do Allo, que ten unha exposición permanente, ofrécese boa síntese do tema.

A fidalguía asentada no rural levantará os pazos. O que eran elementos defensivos nos castelos (séculos XII-XVI) van ser agora elemento decorativo. Os blasóns dos señores do medievo, van aparecer agora cos seus campos divididos e subdivididos para amosar unha vella e verdadeira consanguinidade. Mais non sempre era así. En moitos casos a fidalguía era concedida, adquirida, mercada.

Nos séculos XVII e XVIII non tiñamos Rexistro Civil. Ás veces, os apelidos póñense, mudan, asegún conveña. Velaí unha cruz para historiadores. Xurde a heráldica das armas parlantes nos pazos e casonas do rural. Hai o Archivo da Nobleza na Real Chancellería de Valladolid. En Galicia temos acreditadas obras sobre a nosa heráldica e xeneoloxía.

Valle Inclán e Otero Pedrayo recrearán este mundo da nobreza decadente en admirable prosa.

(Continuará)

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?