Arredor de O Fidalgo (IV)

por

F

Volvendo a O Fidalgo. Dinos Crisanto que cando saía do traballo era esperado por San Luis Romero e ían de conversa. Na edición que me sirve de guía, aparece a enquisa que Crisanto presentou ao seu amigo San Luis. Aquel escribe en galego pero este resposta en castelán. Isto causou sorpresa. Tanta que Crisanto verte ó galego a resposta do seu amigo (vide pp.151-179). O autor de O Fidalgo expón a súa biografía con sinceridade e humildade. Confesa que só foi catro anos á escola. Dato importante para evaluar cánto fixo a inspiración en toda a obra deste Zapateiro-Poeta; cánto el observou na realidade social na que viviu; cánto mérito ten deixarnos na súa obra unha reflexión sobre a vida dos nosos labregos.

Que conteste a Crisanto en castelán pode deberse, ao meu entender, a que xa no ano 1.961 (data da resposta) publicábanse artigos en galego na prensa compostelá. Aparecían textos de Vidán Torreira, Borobó, Otero Pedrayo, Iglesias Alvariño… e outros vencellados ó Instituto de Estudos E. Galegos, Padre Sarmiento. Quizais, penso, San Luis Romero encontraba máis seguridade no castelán.

Coido que, por iso mesmo, anque nomeado académico da Real Academia Galega, non chegou a pronunciar o discurso de ingreso.

San Luis foi  profundo amante da nosa lingua. Consta que recolleu palabras autóctonas en Bergantiños, e o mesmo fixo en Touro, onde pasaba tempadas cunha filla.

Bergantiños aparece coa súa toponimia na obra de O Fidalgo. Así: Bértoa (onde sitúa San Luis o pazo do Fidalgo). Carballo, Goiáns, Ardaña, Artes, Berdillo, A Miñata, Xoane, Lemaio.

Unha razón máis para que os bergantiñáns de hoxe representen como o “drama nacional” O Fidalgo. Hai na obra resonancias pondalianas e rosalianas. San Luis, pois, lector dos nosos clásicos. Un autor para ser valorado como un dos mellores do parnaso galego.

 

NOTA: En internet e na Gran Enciclopedia Galega hai abundante información.)

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?