Arredor de O Fidalgo

por

Tivemos científicos que reflexionaron sobre Galicia desde Bergantiños. A raigaña do nacionalismo galego, teóricamente formulado, témola en Alfredo Brañas. O numen poético de Eduardo Pondal achéganos os tempos míticos de Breogán coa toponimia de Bergantiños presente na súa obra. Acometer un problema social, asoballante, que padeceu esta Terra nosa, iso foi obra de San Luis Romero, o chamado Zapateiro-Poeta. Sabio no eido experimental témolo en Isidro Parga Pondal, químico; e en Salvador Parga Pondal, historiador. Irmáns que honran a vila de Laxe e a Universidade de Compostela. Velaí un glorioso pasado. Precursor dos grandes valores que hoxe temos en diversas especialidades.

A

Intentarei un comentario ó drama de San Luis Romero, O Fidalgo. Teño diante miña un exemplar de Ediciós do Castro, en Documentos para a Historia Contemporánea de Galicia, Nº 16 (1.986). Publicación feita realidade pola colaboración de Crisanto Sanmartín Beiroa e a filla do poeta Elena San Luis Iglesias. Esta edición leva unha introdución lingüística que nos sitúa para comprender os problemas de vocabulario e normativa que sigue o Autor. Nótese que a obra estréase no 1.918. As notas que aparecen nas páxinas 11-15 son de capital importancia. Pois tendo Bergantiños a obriga e honra de representar a obra como realidade histórica, social e sentimental da Terra, pode a algún sorprender, e non valorar como merece, o texto orixinal de San Luis Romero.

Hai, si, en O Fidalgo unha linguaxe galega no que abonda o diferencialismo, hiper-galeguismo e mesmo algún castelanismo. Pero tamén palabras patrimonio de Bergantiños que, coidamos, os nosos dicionarios saberán aproveitar, así como a fraseoloxía autóctona. Pois a influencia dos medios de comunicación nos nosos días danos un galego xa normativizado, do que algún, por unha razón ou por outra, discrepamos.

Con todo, pensamos que a representación de O Fidalgo, hoxe, ha de facerse en lingua común para ser mellor entendible e non se estime coma unha obra menor inzada de vulgarismos.

(Continuará

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?