Atraco na Escravitude

por

Desde que soubemos tan triste noticia, quedamos abraiados. Os que coñecimos a don Ramón, Párroco da Escravitude, temos gozado da súa axuda, é un sacerdote cheo de bondade, moi sensible ante calquera tristura. Sempre axudaba, o seu coche era un servizo para todos. Home de oración, á que dedicaba largo tempo naquel santuario, que el restaurou con gusto e arte. Atendeu cantas parroquias a doces e lle encomendou.

María Soto Montero (q.p.d.) era un alma comunicativa, faladora. Recordaba o seu tempo de estancia en Sofán, cando era párroco o seu curmán don Celso Madriñán Soto (e.p.d.). María Soto representa  a esas almas fieis que viven para axudar ós sacerdotes. Son exemplo de vida cristiá, sufren cos sufrimentos dos sacerdotes, animan, protexen. Fan posible a misión evanxelizadora. Tamén para iso hai que ter vocación. Poucas persoas vexo xa que vivan para esa misión da atención a sacerdotes.

Oremos por don Ramón. Que recuperemos a este gran sacerdote, tan querido na súa parroquia e en todas nas que exerceu.

Quen isto escribe séntese moi obrigado para con don Ramón , pois tenme confortado nas miñas horas de cruz. Agora pido una oración por el, como eu fago nestes días de dolor.

Don Ramón Barrral Camba é un bo corazón , una bendición de Deus para nós.

Que El nolo conserve moitos anos

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?