Santa María en todo o mundo

por

Así temos oído chamar a esta festa da Asunción de Nosa Señora. A meirande parte das nosas parroquias teñen no 15 de Agosto a festa patronal. Aquí, entre nós: Rus, Ardaña, Bértoa, Cereo, Erboedo, Ferreira, Leiloio, Noicela, Soutullo, Torás, Traba.

Se as campás se poideran oír como antaño, teríamos unha sinfonía campaneira cantando para Nosa Señora.

A Virxe da Asunción está en moitos dos nosos cruceiros, é a titular de todas as igrexas do Cister e de moitas das catedrais de España.

Tamén da Virxe da  Asunción é da que se despide Rosalía nos seus versos:

“Adiós miña Virxe da Asunción,
branca como un serafín…”

A imaxe da Asunción, do gran escultor galego Gambino, preside o retablo maior da igrexa das Orfas, de Santiago, e serviu de modelo para moitas igrexas . Unha versión moi lograda, propia doutro gran artífice, Asorey, é a que está na fachada do Seminario Menor, que o cardeal Quiroga puxo baixo a protección de Nosa Señora Asumpta.

O santuario de  Nosa Señora de Vilamaior vai congregar un ano máis, a devotos de Dubra, Xallas e Bergantiños.

Para erguer os nosos ánimos, con tantas traxedias apesarados, vén esta solemnidade de Santa María.

Frai Luis de León expresou moi ben nos seus versos esa doble sensación de orfandade, gozo, esperanza que nos dá a todos este misterio que coroa a vida mortal de María Santísima:

“Volved los blandos ojos
al val de los ahogos,
que tales flores lleva,
do suspirando están
los hijos de Eva”

Velaí a nosa exclamación e oración.

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?