Camiños Xacobeos (II)

por parroquiacarballo

B- Camiño de Santiago a Fisterra.

Aquí situaban os romanos o fin do mundo. O seu imperio remataba aí. O solpor era un misterio. O Sol, na alborada seguinte, aparecía polo oriente. Viaxara por debaixo da Terra. As naves que se alonxaban de Fisterra, acababan perecendo nun abismo, pois o mundo era plano. A humanidade, os celtas tiveron sempre anceos de seguir o curso do Sol. Así chegaron desde Asia a Galicia.

Polo tanto, houbo un camiño prehistórico, pre – xacobeo que levaba á humanidade a Fisterra. Grandes autores, como D. Uxío Romero Pose, baiés, e.p.d., expoñen isto en memorables traballos.

Consecuencia.- O peregrino cabal ten que ir a Fisterra. Alí dá un xustificante o Concello. Muxía está próxima. Ten alí a “barca, o timón e a vela” que conduciron a Nosa Señora ata aquel pedregal na ribeira do mar. Mesmo engaden se lle apareceu alí ao Apóstolo Santiago.

Velaí outro obxectivo para un celoso peregrino.

Excusamos dicir que estes camiños prolongación de Compostela, non agradan ós responsables do tradicional Camiño Xacobeo. Este, calquera que sexa, remata en Santiago de Compostela. Sen mais.

(Continuará)

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?