Día da Muller Traballadora

por

Está fundada esta celebración no feito, tan inxusto e doloroso, do sacrificio de 146 mulleres que, o día 8 –III-1.908, reclamaban dereitos laborais. Foi en Nova Iork.

Hoxe reclamamos que, a igual traballo, se dea o mesmo salario ás mulleres, como lle dan ós homes. Reclamamos amplias axudas e recoñecemento para a maternidade. Importante isto nunha Galicia que perde poboación cada día.

Temos o perigo de acostumarmos ó relato e protocolos sociais que moi a miúdo se dan entre nós cando hai un asasinato dunha muller. A estatística di que Galicia é a autonomía onde, en proporción, se dan máis casos de violencia doméstica.

En moitos casos, os crimes prodúcense despois dun maltrato no fogar. Con denuncia que, ás veces, é retirada pensando no arrepentimento do maltratador e no ben dos fillos que necesitan estabilidade.

Que poderemos facer, ademais de lamentarnos e conmovernos?.

O papa Francisco dixo a un matrimonio con frase garimosa: “Si por el día vuelan los platos, a la noche todo se perdona y olvida”.

Ter diálogo, saber comprender, disculpar, é necesario. Pero antes da convivencia habería que coñecer ben os criterios e valores que ten cada consorte. Un especialista podería analizar o carácter de cada un para ver se son compatibles.

Para ós crentes cristiáns que van ó matrimonio polo sacramento, ofrecemos Cursillos Prematrimoniais; vida de oración e sacramentos. Apreciemos a vida dos demais, e a propia, como un don de Dios que temos que respectar.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?