Domingo de Lázaro

por

Así é coñecido en moitas parroquias e bisbarras o domingo que, litúrxicamente, é chamado domingo de Pasión.

Na Semana Santa o protagonismo é para Cristo Paciente e Resucitado. Pero uns días previos a tan devota semana, temos que considerar a presencia e servicio que María Santísima fai ao Señor na súa Pasión. Por iso temos o Venres de Dolores, previo ó Venres Santo, data da Morte de Xesús.

Está María no Calvario, pero merece unha consideración especial que o pobo cristián recoñece solemnemente con septenarios e procesións coa imaxe da Virxe das Dolores.

Ademais de vencellador á Pasión de Xesús, todos, porque somos o Corpo Místico de Cristo, temos que pensar nos enfermos, naqueles enfermos que aparecen na vida de Xesús que, ademais, un célebre enfermo, Lázaro, foi obxecto dunha parábola tan viva, realista, como a chamada do Rico Epulón, ou Comellón, que despreciaba ao pobre Lázaro, cheo de lepra.

Os leprosos representan a cantos participan na Pasión de forma ben dolorosa. Hoxe non hai os lazaretes nos que eran aillados estes enfermos para que non pegasen a peste á xente san. Mellorou moito a atención e a medicina para estes enfermos.

Pero temos hoxe as chamadas enfemidades “raras”, descoñecidas pola medicina. Que afectan a nenos e maiores. Temos cegueiras irreversibles, enfermos con vida vexetativa por varios anos, atendidos pola caridade de relixiosas, almas santas que nos exemplarizan.

Quede, pois, o leproso Lázaro da parábola de San Lucas, como exponente de cantos participan da Pasión de Xesuscristo, en forma visible.

Isto provoca a nosa oración e a atención ós enfermos como o rostro de Xesuscristo Paciente.

Xosé Pumar Gándara

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?