En memoria de D. Francisco Cantelar Rodríguez

por

Con 87 anos finou este compañeiro sacerdote. De familia sacerdotal ben coñecida en Bergantiños. Tío seu era D. Antonio Cantelar Riveiro, curmán é D. Manuel Cantelar Pais, que foron párrocos, respectivamente, de Coristanco e Cerqueda. D. Francisco, despois de servir á diocese nas parroquias de Brión e Ponte Cesures, opositou a capelán do exército. Chegou a ter o grado de coronel. Recibiu sepultura na súa parroquia natal, Ons, do concello de Brión.

De D. Francisco hai que salientar o seu saber en Dereito Canónico, especialidade na que era doutor por Salamanca. Publicou moitos traballos e colaborou nos doce tomos do Synodicum Hispanum.

Tamén fixo o traballo para publicar os índices dos 50 anos da revista Compostellanum, sinalando materias e autores. Feliciteino personalmente en Santiago por este inxente labor e non lle deu importancia a este traballo de paciencia benedictina.

Colaboraba con canta iniciativa houbese para mellorar a igrexa de Ons. E con Cáritas.

Pero o particular de D. Francisco foi que el sempre tivo na mente ceder o seu corpo para que poidese progresar a medicina. Atrancos burocráticos de última hora, non permitiron levar a cabo este propósito. Agora que xa son bastantes os que levan a cadáveres dos seus seres á cremación podería pensarse na cesión de órganos para trasplantes. De loubar é esta decisión. Pero, repito, D. Francisco doaba todo o seu corpo á Facultade de Medicina de Santiago.

Recibiu sepultura en Santa María de Ons, o día 1º de septembro deste ano. Era en Carballo o día da Virxe Milagrosa, por iso non puidemos asistir (D.E.P.). Reiteramos a nosa condolencia ao seu irmán  Isolino  Cantelar que  colabora na pastoral da parroquia e a Manuel Cantelar que vive tamén en Carballo.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?