O cerne do libro “Cincuenta anos dun cura feliz

por

Fálanos dunha vocación decididamente entregada á pastoral. Podía García Gondar seguir, mesmo na vida eclesial, un camiño intelectual, como tantas veces se lle pediu. Por aí acadaría brillantes cargos, no eclesiástico ou no civil, como se deduce do seu currículo académico.

O libro é máis ca unha biografía. É unha apertura de corazón na que se manifestan: anécdotas, poemas, fotos, acontecementos e persoas que configuran 50 anos de sacerdocio, vividos, a meirande parte, en Carballo.

Os bergantiñáns poderán ter nas súas bibliotecas un libro que reflexa a historia da bisbarra, contada con gusto. Libro polifacético, un mosaico de feitos, enciclopédicos.

Como pórtico, leva un prólogo do Sr. Arcebispo de Santiago, Sr. Barrio, no que amosa o gran escritor que é, ademais de teólogo e amante de Carballo así como do seu párroco D. Xosé García Gondar.

Na prosa galega do libro, aparecen momentos de notoria espiritualidade sacerdotal. Veñen á mente textos como “Confesións de San Agustín”.

A terneza do santo bispo de Hipona ponse de manifesto cando ten que narrar a morte de súa nai, Mónica. Isto mesmo ocorre cando García Gondar fala dos seus pais. A emigración deles, a convivencia en Carballo, finalmente a morte.

Bergantiños fixo unha gran homenaxe a D. Xosé. Foi iniciativa de fregueses e amizades. Que el aceptou agradecido, como algo inevitable. A min paréceme que o libro das Vodas de Ouro é unha correspondencia do homenaxeado que supera á gran manifestación de afecto que houbo en Vilar de Francos o 20 de Nadal.

Todo foi un fervente abrazo de García Gondar con fregueses de Carballo, da Unidade Pastoral, e da terra bergantiñá, que tenramente se abrazaron manifestando que non hai forza máis grande que o amor: Iso é, definitivamente, o Evanxeo e a misión do sacerdote.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?