O Entroido , á porta

por

     Este ano adiántase a celebración da Pascua e, polo tanto, tamén o entroido.

Para fixar a Pascua, desde moi antigo, e despois de varias disxcusións, na igrexa católica celébrase a Pascua cando concurran estas tres condicións: temos que estar na primavera (polo tanto despois do 21 de marzo), ten que ser en domingo e ten que haber lúa chea. De donde resulta que pode haber domingo de Pascua no día 22 de marzo (o máis pronto) ou no 25 de abril (como pasou no ano 1.943)

Todo sábeno moi ben os amantes do Entroido. Calculan, e saben cando hai que empezar co domingo dos rapaces (así empeza nalgúns sitios) e seguen os domingos faroleiro, oleiro, xoves de compadres, domingo corredoiro, xoves de comadres, mércores de cinza, enterro da sardiña ou domingo de piñata.

É nas terras ourensáns onde máis se vida ten o entroido. Mesmo queren que sexa patrimonio cultural da humanidade.

Esta oscilación no día da Pascua trae inconvenientes para o turismo, para o comercio e tamén para os calendarios da vida estudiantil. O noso papa Francisco fixo unha oferta a autoridades relixiosas e civís. Sería ben poñer un día fixo para a Pascua. Podería ser, por exemplo, o primeiro domingo de abril. Así teriamos dous trimestres iguais (o primeiro e segundo de cada ano). Pero a idea do papa non foi aceptada. Terá que ir madurando.

Como anécdota temos que , co actual calendario da Pascua, os cormeláns que queiran ir á festa de Nosa Sra. da Estrela, que é na illa               , sempre poden ir a pé, por terra firme, pois o mar, de acordo coa lúa chea está retirado. Así nolo contaron.

Polo mesmo, na Semana Santa, sempre temos lúa chea. E así o fan constar os artistas que representan cadros da Pasión do Señor.

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?