O Proxecto Home en Galicia

por

-A Comunidade terapéutica de Cernadas-

     Xa van quedando poucos dubreses e bergantiñáns que lembren aquela extensa e centenaria carballeira que era o Bosque de Cernadas.

Indo e vindo de Compostela, aqueles carballos sempre eran novidade pola color que amosaban en cada tempo do ano. Sobre todo, as colores do outono que mesmo semellaban ás vidrieiras das nosas igrexas e catedrais.

Foron os frades benedictinos de San Martín de Santiago os que coidaron e fundaron esa multitude vexetal. Chegou a Desamortización no ano 1.836 e o bosque pasou, por venta do estado, a unha familia ourensá que, conservando a propiedade, permitiu que alí houbese un asilo para maiores atendido polas Irmanciñas dos Anciáns Desamparados. Polos anos 1.940-50 as necesidades eran tantas que os carballos foron convertidos en  rachas para as cociñas das Irmanciñas tanto en Cernadas como en Santiago.

Co tempo as monxas deixaron Cernadas e levaron os seus anciáns para Compostela. Foi daquela cando se pensou dar un uso novo, pero sempre solidario, ao Bosque de Cernadas. Contando co consentimento da familia propietaria o Patronato que rixe aquela herdanza, fixo que alí se asentase o Proxecto Home para recuperación de drogadictos.

Eran tempos do arcebispo Rouco Varela. Foi elixido un sacerdote ourensán, D. Ramón Gómez Crespo, para levar adiante o Proxecto. E nas mans del segue, con gran eficacia e admiración de todos.

Aquela Comunidade Terapéutica publica unha revista na que colaboran os que se van liberando da escravitude da drogadicción.

Hai quen se despide da Comunidade Terapéutica agradecendo os coidados; hai quen reflexiona sobre a súa caída; mesmo quen confesa a súa recaída pero volve a ter esperanza; quen fai un canto á vida; quen proclama a necesidade de cambiar; quen lembra aos seus país… Tamén historias con humor, e variedades.

Como dubreses e bergantiñáns, algúns, teñen pasado por esta Comunidade Terapéutica sirva de memoria para non recaer e ser agradecidos.

Velaí un gran servizo xurdido da vontade e misión da Igrexa por redimir a necesitados

 

También te puede Interesar

× ¿Cómo puedo ayudarte?