O Padre Nuestro Pequeniño
Oración netamente galega. Creación anónima do pobo. Temos oído cachos da mesma a xente maior.
Hai referencia ás Tres Marías do Calvario. Son, ademais de María a Nai do Señor, María Salomé, María de Cleofás e María Magdalena. Esta é a máis popular.
1- “Padre Nuestro Pequeniño,
guíame polo bo camiño,
aló fun e aló cheguei,
Tres Marías encontrei.
Preguntando por Xesús
e Xesús estaba na Cruz
e na Cruz e no Altar
cos peíños a sangrar.
Preguntando por Magdalena
para que llos veña limpar….
Non veñas, Magdalena, non!
que mos vas lastimar.
Que estas son as cinco llagas
que por ti hei de pasar.
Pequeniños e grandiños
a todos hei de salvar
anque teñan tantos pecadiños
como de area hai no mar”
2- Ventana sobre ventana
naquela no mar de riba
estaba la Virgen María
con un ramalliño de oliva.
Eu pedinlle unha folliña
ela doume o seu cordón
de xunta o seu corazón.
Outras cántigas populares
3- Marica, miña Marica,
miña non quixeches sere,
casarás, inviudarás,
volverás ó meu podere
4-Hoxe é luns
mañán é martes,
carta feira logo vén
de hoxe en oito días
é a semana que vén.
5.-Eu casei para a montaña
porque había moito pan,
o forno de miña sogra
bota silvas no verán.
6.-O piollo e maila pulga
ordenaron de cocer
tiñan o lume no forno
e a fariña sen moer.
7.-Arriba e abaixo non
arriba e abaixo non,
onde se dá a laranxa
tamén se dá o limón